Os nosos servizos
Os servizos que Bergantiños Solucións Laborais, S.L.
Coordinación de seguridade e saúde
Temos unha importante traxectoria realizando traballos de Coordinación de Seguridade y Saude tanto en fase de obra como redacción de Proxectos, dando cumprimento ao Real Decreto 1627/97 sobre seguridade e saúde nas obras de construcción.
A nosa metodoloxía de traballo asegura a integración da seguridade e saude en toda a obra con visitas periódicas, revisión do Plan de Seguridade e Saude, documentación de contratas e subcontratas, reunións en obra, ademáis usamos un programa propio para toda a xestión documental, informes, actas de visitas, etc.
Traballamos en diversos e singulares sectores como edificación, obra civil, infraestructuras, hidráulica, industria, medio natural, xardíns, forestal, agrícola, etc.
〰
Formación de prevención de riscos laborais de convenio
Bergantiños Solucións aposta pola formación en materia de prevención de riscos laborais como unha ferramenta eficaz para aumentar a sensibilización dos traballadores na seguridade laboral e un elemento clave para conseguir unha correcta integración da prevención na empresa.
Formamos a traballadores e empresarios para mellorar a súa capacitación, e desta maneira conseguir controlar os riscos laborais de maneira más eficaz.
Realizamos calendarios trimestrais de formación, ademáis de programas personalizados con diferentes modalidades de impartición. Ofrecemos formacións adaptadas as necesidades de cada empresa, aportando asesoramento e solucións as diferentes casuísticas que poidamos encontrar.
Bergantiños Solucións, colabora con Global Preventium, SL que actualmtente está acreditada para impartir formación regulada nos convenios de Construcción, Metal, Madeira, Vidrio e Rotulación. A formación en materia de prevención de riscos laborais que recibas, estará homologada aos efectos de seu recoñecemento para a obtención da Tarxeta Profesional.
〰
Formación Teórico/Práctica
Ofrecemos un completo programa de cursos adaptados as túas necesidades ou as da túa empresa. Somos especialistas en formación na capacitación de profesionais para tareas de conducción e manexo de maquinaria .
Dispoñemos dun amplio catálogo de cursos técnicos online e presenciais no que se incluen entre outros:
Operador de Plataformas Elevadoras Móviles de Personal (PEMP)
Operador de Carretillas Elevadoras
Operador de Camión Grúa
Seguridad no trabajo con motoserras
Traballo en Alturas
Montador de Andamios Apoiados
Extinción de Incendios
Primeiros Auxilios
〰
Servizos de prevención de riscos laborais
Entre outras actividades a nosa empresa encargarase da elaboración da documentación necesaria para o acceso a obra:
Estudos de Seguridade e Saúde
O promotor estará obrigado a que na fase de redacción do proxecto se elabore un Estudo de Seguridade e Saúde nos proxectos de obras nas que se den algúns dos supostos seguintes:
- a. Que o orzamento de execución por contrata incluido no proyecto sexa igual ou superior a 75 millones de pesetas (450.760€).
- b. Que a duración estimada sea superior a 30 días laborables, empregándose nalgún momento a máis de 20 traballadores simultáneamente.
Planes de Seguridade e Saúde
O Plan de Seguridade e Saúde no traballo das obras de construcción é o documento ou conxunto de documentos elaborados por cada contratista que constitue, en relación cos postos de traballo da obra, o instrumento básico de ordenación das actividades de identificación e, no seu caso, evaluación dos riscos e planificación da actividade preventiva as que fai referencia o RSP no seu capítulo segundo.
Documento de Xestión Preventiva da Obra
O Documento de Xestión Preventiva da Obra é o documento ou conxunto de documentos elaborados por cada contratista para as obras de construcción sen proxecto e proporciona orientacións para a sua aplicación práctica nunha obra sen proxecto que ten lugar nun centro de traballo no que se desenrola outra actividade distinta á de construcción.
Planes de autoprotección
O Plan de Autoprotección (PAU) é o documento que establece o marco orgánico e funcional previsto para un centro, establecimento, espazo, instalación ou dependencia, co o obxecto de prevenir e controlar os riscos sobre as persoas e os bienes e dar resposta adecuada as posibles situacións de emerxencia na zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantizando a integración de estas actuacións co sistema público de protección civil.
Tamén aborda a identificación e evaluación dos riscos, as accións e medidas necesarias para a prevención e control de riscos, así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emergencia.