Empresa

Bergantiños Solucións Laborais S.L.

En primeiro lugar agradecérllela súa visita á nósa nova páxina web. Como calquer empresa emprendedora, queremos por a súa disposición toda a información de utilidade relativa ós nosos servicios como consultora no campo da seguridade laboral.

Ubicados no Polígono Industrial de Bértoa en Carballo, nacemos cunha clara vocación de servicio á empresa, no eido da prevención de riscos laborais.

O principal obxetivo de Bergantiños Solucións Laboráis, S.L. baséase na consecución dunha oferta de servicios que cubra as necesidades da pequena e mediana empresa dende o punto de vista técnico e de formación de recursos humáns, así como a presencia nos foros de diálogo coa administración e asociacións empresariais que permitan dinamizar e valorizar o tecido socioeconómico da rexión Bergantiñán, aportando as ideas e a experiencia persoal dun grupo xoven e dinámico.

Coordinación de seguridade e saúde

Como empresa especializada en seguridade laboral dentro do ámbito da construcción, poñemos á disposición dos promotores de obras tanto públicas como privadas, un grupo humano especializado en supervisión e coordinación de actividades empresariais durante a fase de execución, que o axudarán a acadar os máis altos estándares de calidade preventiva.

O noso compromiso

  • Informar sobre os plans de Seguridade e Saúde aportados e de selo caso, propor a súa aprobación
  • Acreditación da documentación xustificativa do cumprimento legal tanto das empresas coma dos equipos de traballo.
  • Visitas de inspección periódicas a obra para a comprobación das medidas de seguridade e os métodos de execución.
  • Redacción dun acta indicando os traballos inspeccionados e as medidas preventivas propostas.
  • Notificación por escrito do resultado das inspeccións a: promotor, director de obra, contratistas, proveedores…
  • Emisión dun informe final resumo das actuacións practicadas durante a coordinación que inclúa anexo fotográfico.

A túa meta

Os resultados veñen avalados cada día pola confianza que os nosos clientes nos depositan. A nosa independencia fainos máis efectivos,e un ámbito de actuación local, máis competitivos…

Nosas instalacións